luns, 6 de xullo de 2015

THE NOW - The Now (Midsong, 1979)


Detrás do único elepé dos neoiorquinos de The Now estaba Bobby Orlando un dos pioneiros da música electrónica de baile nos oitenta pero que a finais da década dos setenta aínda sentía paixón polo pop de guitarras, de feito el compón e produce a maior parte das pezas deste irregular disco de power pop. O momento máis brilante é sen dúbida " Can You Fix Me Up With Her" unha gañadora absoluta, o resto como dirían os coruñeses Combo Dinamo, "más de lo mismo" aínda que "He's Takin' You To The Movies " e  "Reaction" deixánse escoitar. O disco no seu momento vendeu bastante ben e incluso falouse da posibilidade de editar un segundo pero a discográfica Midsong foise ao garete. Esta é a edición portuguesa de Belter. Outra produción de Orlando cun son moi semellante ó disco de The Now, de feito algún dos seus compoñantes tocan no mesmo, é o único Lp de Lyn Todd