luns, 22 de decembro de 2014

ATOMIC SWING - Stone Me Into The Groove - Feedin' Frenzy (Sonet, 1992)


As gafas do melenas da foto e a publicidade cos termos mindblowing, groovie, freak molaban, así que algo interesante podería aparecer neste sinxelo dos suecos Atomic Swing e así foi, a cara B é un instro caralludo. O outro tema, "Stone Me into the Groove" tamén está bastante ben.


martes, 2 de decembro de 2014

SIR MACK RICE - Love's A Mother Brother / Coal Man (Atco Records, 1969)


Vocalista de Detroit que formou parte dos Falcons, un deses grupos considerados seminais no desenvolvemento da música soul. A súa carreira como solista foi irregular aínda que unha das súas composicións, "Mustang Sally", foi todo un éxito na voz de Wilson Pickett.