domingo, 24 de xullo de 2011

MAGNUM BONUM Bakom Spegeln (Mercury, 1979)

"Nu Är Du Körd

"Bakom Spegeln" foi o segundo elepé editado polos suecos Magnum Bonum, grupo que practicaba rock máis ou menos clásico e que foron bastante populares no seu propio país cunha canción adicada ao emerxente skateboard. Por aquí son lembrados sobre todo pola súa aparición co tema "Lover Boy" nunha compilación de new wave titulada "On the wave" publicada só en España e que tiña como obxectivo a presentación dalgúns dos grupos do catálogo de Polydor que comulgaban co xénero. O tema que máis me gustou é o que aparece no reproductor.


Ningún comentario: