domingo, 22 de novembro de 2009

THE EASYTONES Still Make You Take It Easy + 1 Tema (EP, True Tone 2000) .



Básicamente un grupo de garaxe, os ouresáns The Easytones son recordados en Limodre sobre todo polo seu baterista Óscar Murias, todo un fenómeno nocturno. A noite anterior a súa actuación no Felipop 2000 tivo un problema físico en misteriosas circustancias, bueno, en realidade todos coñecemos as circunstancias, o que lle impediu participar nesa edición. Como compensación ao resto do grupo e a el mesmo, decidimos invitalos de novo no 2003. Nesa ocasión as cousas sairon ben grazas á a íncrible marcaxe á que foi sometido Murias polo resto do grupo para que chegara san e salvo ao escenario. Aparte das cinco cancións do EP engadimos como tema extra "Who´s The Next" gravada no 2000.



Ningún comentario: