sábado, 5 de setembro de 2009

DAVE DEE Annabella - Kelly (Fontana, 1970)

O 9 de xaneiro deste ano morría Dave Dee despois dunha dura pelexa contra o cancro. Empezou como policía e incluso as lendas din que foi un dos que asistiu a Gene Vincent e Eddie Cochran cando tiveron o accidente durante a súa estadía no Reino Unido. Como sabedes acabou de cantante con Dozy, Beaky, Mick & Tich e non lle foi nada mal aínda que no ano 1969 decidiu intentalo en solitario. Este bonito tema "Annabella", do que é co-autor, foi o seu segundo sinxelo.

Ningún comentario: