luns, 2 de febreiro de 2009

LOS MIEMBROS Si Vuelves Escapar (MX, Blau, 1992)

Non tiña información deste cuarteto balear pero Miguel Anxo Vilanova fíxonos chegar a folla de promo coa que Blau acompañou a edición do disco e aínda que non dá para moito xa podemos fíar un poco máis. Los Miembros viñan doutras formacións mallorquinas como Furnish Time (dentro de puco poñeremos algo deles), Zincpirithione, El Primer Tercio e Los Patanes. As catro cancións están compostas polo seu guitarrista e vocalista Toni Vives dentro dun estilo poproqueiro no que destaca o bon uso das guitarras. Góstanme especialmente "Cada Vez" cunha Rickenbacker moi molona e "El Extranjero" con bonitos xogos sicodélicos.

Ningún comentario: