xoves, 25 de decembro de 2008

THE PEPPERS Pepper Box (Single, Barclay-Movieplay, 1973)

"Pepper Box" foi un deses novedosos instrumentais dos primeiros setenta a base de Moog, nun tempo no que as máquinas aínda non dominaban o mundo. O seu creador, o francés Roger Tokarz, traballaba facendo música para anuncios e películas e precisamente dunha desas pequenas composicións sacou a idea de facer un tema completo na mesma liña que outro tema que xa fora éxito o "Popcorn" de Hot Butter. Coa axuda dos músicos Pierre Alain Dahan e Matt Camison publicou a canción baixo o nome de The Peppers chegando rapidamente aos primeiros postos en Francia, EEUU e Reino Unido con preto de tres millóns de copias vendidas en todo o mundo. A cara B "A Pinch of salt" é incluso mellor, un instrumental con certo toque soul a base de teclado e moog. O Lp publicado posteriormente está reeditado por RPM.

Ningún comentario: