mércores, 3 de decembro de 2008

GREEN Rem (Single, Pravda, 1988)

Sempre nos gustaron os grupos con sentido do humor e aínda que esta broma xa fora usada por Nick Lowe na segunda metade dos setenta co su EP "Bowi" para darlle a réplica ao disco de David Bowie "Low", sérvenos de perfecta excusa para lembrar outro disco feito cunha idea semellante. Estamos a falar do single publicado polos Green, "Rem" en reposta ao disco dos REM. A historia do grupo comenzou en Chicago na primeira metade dos oitenta con Jeff Lescher como figura central e responsable da maior parte das pezas que segundo as súas propias verbas "eran unha mestura de influencias que ían dos Kinks aos Small Faces pasando por Prince e a Motown". Durante os seguintes anos con formacións variadas e selos discográficos diversos foron publicando discos ata o 2001, algúns de obrigada escoita como "Elaine MacKenzie" (Pravda, 1988) ou "White Soul (Megadisc, 1989) que tampouco estaba nada mal. Entre ambos apareceu este "REM" con dúas boas mostras do son poproqueiro do grupo, cunha moi afortunada "My tears are dry" e a tamén convincente "Love on thin air". Para unha información más detallada preme aquí

Ningún comentario: