venres, 28 de novembro de 2008

NIC JONES Penguin Eggs (Topic Records, 1980)

Hoxe traemos a un inglés, Nicolas Paul Jones, que formou parte do revival folc nos setenta e que destacou sobre todo pola súa técnica á guitarra e os arranxos que lle imprimía aos temas tradicionais. Orixinario do condado de Kent, onde naceu no ano 1947, os seus primeiros contactos musicais foron coa música dos Shadows ata que acabou metido nun grupo folc chamado The Halliard cos que estivo ata a súa definitiva separación no ano 68. A partir de entón comenzou unha carreira en solitario durante a que chegou a editar ata cinco discos, o último deles este "Penguin eggs" escollido no 2001 como o segundo mellor album de folc de tódolos tempos polos oíntes do programa de Mike Harding na BBC. O disco móvese por terreos de folc tradicional con pequenos arranxos de acordeón e violín. Quizáis o tema máis destacado sexa o que abre o disco "Canadee-i-o", excelente exemplo da técnica de Nic e motivo de controversia dende que Bob Dylan decidiu incluílo no seu disco de 1992 "Good as I Been to You" cuns arranxos que se asemellan moito ós feitos por Nic pero sen nengunha mención á orixe da inspiración. Desgraciadamente en febreiro de 1982 tivo un accidente de tráfico que o deixou bastante desfeito e con problemas de coordinación poñendo practicamente punto final a súa carreira.

Nic Jones web

Link by mail dezaoitorodas@gmail.com